Anuncios
Ticker de novas

Baiona dotará de novos equipamentos ao ximnasio do Pavillón Municipal

O Concello de Baiona vén de conseguir unha subvención da Xunta de Galicia para o proxecto denominado FIT BAIONA 2018, no cal se solicitaba unha axuda a esta administración para a instalación de novos equipos de ximnasia, dos que máis dos 940 socios cos que contan poderán gozar en breve.

Estes equipos servirán para renovar e ampliar a oferta deportiva das instalacións cunha máquina de cruzamento de poleas e dominadas, unha máquina de dominadas asistida, dúas máquinas de press de banca, dúas cintas andadoras e dúas elípticas, mellorando así o que é o adestramento persoal, por un valor que rolda os 40.000 euros, dos cales a Xunta de Galicia achega o 60% a través da subvención e o 40% restante o concello.

O alcalde, Ángel Rodal, cre que nos tempos que vivimos denominados “era dixital” é fundamental fomentar o deporte e as actividades que eviten o sedentarismo e conseguir así unha mellor cohesión social e unha mellor saúde tanto física como mental. E quere agradecer á Xunta de Galicia que continúe apostando por Baiona e siga axudando con estas iniciativas, xa que sen estas achegas sería moi complicado levalas a cabo.

Anuncios