Anuncios
Ticker de novas

A festa da escuma abre as festas de San Fiz en Nigrán

O Concello de Nigrán abriu hoxe coa festa da escuma na Praza do Concello os festexos de San Fiz, patrón do municipio. Esta celebración, organizada directamente polo Concello, estenderase por vez primeira durante dous días con múltiples actividades para nenos e maiores.

Así, este martes, véspera de San Fiz, tivo lugar unha festa da escuma na Praza do Concello aberta á participación de nenos e adultos. Máis tarde actuaron na praza do Ceán o grupo folklórico “Os Muíños do Xuncido” e o grupo de baile “As do Caravillas”, e a continuación, a Orquesta Saudade.

Xa o mércores, o propio día do patrón, festivo en Nigrán, a Banda de Música Taboexa, de As Neves, ofrecerá un pequeno concerto ás 11:00 na Praza do Concello, e posteriormente, ás 12:00 horas, será a Misa Maior cantada pola coral Novos Aires de Nigrán na Igrexa de San Fiz. Ás 13:30 concerto da Banda de Música de Taboexa no propio recinto do Ceán seguida da gran tirada de fogos ás 14:30 horas. Finalmente, pola noite terá lugar a verbena dende as 21:00 horas coa Orquesta Trébol e Compostela.

Anuncios