Ovalmi convoca aos hostaleiros de Gondomar para falar sobre a nova Lei de Espectáculos

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor, OVALMI, convoca aos hostaleiros de Gondomar a unha reunión con motivo da problemática xurdida coa nova Lei de Espectáculos de Galicia que entrou en vigor o 2 de xullo en relación cos concertos e demais espectáculos nos locais. A reunión celebrarase mañá martes día 31 de xullo, ás 17:00 horas no Centro Neural de Gondomar.

Anuncios