Nigrán recibirá 85.000 € para o acondicionamento da rúa Igrexa de Chandebrito

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará o martes seis novas achegas para os concellos de Cangas, A Guarda, Mos, Nigrán e Ponteareas, dentro da Liña 1 do “Plan Concellos 2018”. Estes investimentos supoñen un total de 710.632,46 euros.

Así, a institución provincial destina ao concello de Nigrán 84.643,17 euros para o acondicionamento da rúa Igrexa de Chandebrito. A institución provincial xa destinou a Nigrán 404.854,59 euros, isto supón o 23,69% do plan.

Este ano a Deputación de Pontevedra pon a disposición dos concellos da provincia, no marco da liña 1 do Plan Concellos, case 60 millóns de euros, distribuídos entre 28.501.200 € do Plan 2018 e o adianto de 30 millóns de euros da liña 1 do Plan 2019.

Anuncios