Baiona continúa o ciclo “Cine na Praza” coa proxección de “Logan”

Continúa o ciclo “Cine na Praza” incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2018, organizada pola Concellería de Cultura de Baiona. Este luns 30 de xullo proxectarase a película “Logan”, ás 23:00 horas na Praza do Concello. Sen os seus poderes, por primeira vez, Lobezno é verdadeiramente vulnerable. Despois dunha vida de dor e angustia, sen rumbo e perdido no mundo onde os X-Men son lenda, o seu mentor Charles Xavier convénceo para asumir unha última misión: protexer a unha moza que será a única esperanza para a raza mutante.

Anuncios