A baionesa Silvia Marcote, segunda na terceira proba da liga 3D

Este sábado celebrouse a terceira proba de liga 3D en Orza-Cesures organizada polo Club Arco da Vella, tendo o aliciente de ser benéfica, xa que parte da inscrición dedícase á axuda das persoas máis desfavorecidas do municipio.

Unha excelente inciativa por parte do club anfitrión, que leva con este formato catro probas benéficas e acumulando gran experiencia na organización de probas 3D, sendo o que ademais organizou o V Gran Premio de España arco recurvo e composto, última das cinco probas desta competición.

Este club sempre distinguiuse tamén por unha especial atención polas categorías inferiores, o cal sempre anima a que os rapaces volvan.

Na terceira proba de liga 3D participaron un total de 83 arqueiros, entre eles catro baioneses do club redondelán Meigarco, conseguindo Silvia Marcote un segundo posto en categoría sénior muller arco recurvo instintivo, sendo actualmente cadete, pendente da última proba a celebrar en setembro para a clasificación final.

En Sub 14 sen visor gañou a proba o tomiñés Adrián Millán cunha excelente puntuación, seguida de María López (Arco Celta), que tamén hai que mencionar polas excelentes puntuacións nas últimas tiradas, estando en terceira posición Daniel Rivas (Arqueiros do Barbanza).

Ao mesmo tempo Aarón Carneiro conseguiu unha moi boa cuarta praza en Sub 14 sen visor, tendo en conta que nesta categoría admítense todas as idades e todas as modalidades, sendo o arqueiro que escolle un long bow e frechas de madeira, o máis esixente en canto á obtención de puntuacións máximas e despois de tres meses inactivo por lesión.

Finalmente Benjamín Carneiro conseguiu unha sétima praza na mesma categoría con arco espido, onde os nervios puidéronlle, pero sempre cun sorriso.

En xeral hai que agradecer aos clubs galegos que teñen a valentía de organizar probas deste tipo, así como as novas de campo organizadas polo Club Meigarco e que serven de exemplo para que outros clubs anímense tamén, xa que é unha estupenda base para a aprendizaxe e trampolín se se é posible para acudir aos Campionatos de España.

Anuncios