Anuncios
Ticker de novas

Un home, ferido leve tras envorcar a embarcación coa que navegaba en Baiona

FOTO: PROTECCIÓN CIVIL VAL MIÑOR // A embarcación entre as pedras de Monte Boi.

Os servizos sanitarios de urxencia atenderon esta tarde a un home que resultou ferido leve despois de que a embarcación coa que navegaba envorcase en Baiona. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o varón, que chegou nadando a terra, era o único tripulante da embarcación accidentada.

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido ás 17:05 horas, a través da chamada de varias persoas particulares. Indicaban no seu relato que unha lancha envorcara á altura da Fortaleza de Monterreal.

Acto seguido, dende o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso a Salvamento Marítmo, ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o tripulante da embarcación foi atendido no punto e se descartou o seu traslado a un centro sanitario.

Anuncios