IX Torneo de San Fiz de Bolos Celta en Nigrán

FOTO: FERNANDO GONZÁLEZ ALONSO // VIII Torneo de San Fiz de Bolos Celta.

A Sociedade Deportiva Bolos do Ceán e o Concello de Nigrán organizan un ano máis o tradicional Torneo de San Fiz de Bolos Celta, que cumpre a súa IX edición. Terá lugar hoxe sábado e mañá domingo coa participación de clubs locais ademais doutros chegados desde diferentes puntos do territorio galego. O torneo arranca o sábado ás 15:30 horas no xogo de bolos do Ceán, continuando na mañá do domingo ata as 13:30 horas, cando está prevista a entrega de trofeos á que acudirá o alcalde, Juan González, e o concelleiro de Deportes, Jose Luis Sanromán.

Anuncios