Concerto benéfico en Baiona a favor de Bai.senpulgas

Este domingo 29 de xullo continúa o programa cultural e de lecer Baiverán 2018 cun concerto benéfico nos Xardíns do Museo da Navegación a favor da protectora de animais Bai.senpulgas a partir das 21:00 horas. Contarán coa actuación de Tati’s Joplin, un dúo formado por Tati Paratcha (voz) e Mocko Fornos (guitarra) que ofrecen un tributo acústico a Janis Joplin. Venderanse rifas para o sorteo de agasallos.

Anuncios