Anuncios
Ticker de novas

O Gondomar CF renova a Iván Costas e ficha a Iván Freiría

FOTO: NIGRÁN CF // Iván Costas.

O polivalente Iván Costas seguirá outra tempada no Gondomar Club de Fútbol. Natural de Vigo, chegou ao equipo dende o Nigrán CF, tras pasar polas categorías inferiores do Val Miñor. O xogador de 22 anos, asegura que “temos un proxecto interesante e síntome na responsabilidade de devolver ao Gondomar a onde debe estar”. Outro afincado no Val Miñor, o zurdo de 27 anos Iván Freiría, foi fichado para sumarse ao novo proxecto. Formado nas categorías inferiores do RC Celta, pasou ao Celta B, e chegou a debutar co primeiro equipo en Segunda División, recalando posteriormente no Pontevedra. O xogador declara que “veño con moitas ganas de volver ao fútbol tras un tempo no que fun pai e centreime na familia. Sempre me chamou a atención este club, a súa historia e agora ten o proxecto ideal”.

Anuncios