Sin categoría

Detido un mozo de Nigrán por quebrantar unha orde de afastamento

A Policía local de Vigo detivo este xoves a un home de 26 de idade, nado e domiciliado en Nigrán, que responde as iniciais E.F.O., por presunto delito de quebrantamento de medida cautelar.

Axentes que realizaban funcións de prevención pola rúa Poboadores observaron ás 21:55 de onte como o condutor dun turismo da marca Renault Laguna cometía unha infracción de tráfico ao non respectar un sinal de prohibido o paso, polo que procederon a darlle o alto. Conducía acompañado dunha muller de 28 anos de idade.

Os Axentes efectuaron comprobacións sobre ambas as dúas persoas e constataron que a E.F.O. constáballe en vigor unha orde de afastamento pola que se lle prohibe achegarse a menos de 200 metros da muller, ditada polo Xulgado do Penal número 1 de Vigo.

A moza manifestou que a relación entre ambos agora era moi tranquila, polo que retomarían a relación. O home foi detido por delito de quebrantamento de medida cautelar.