Mercado de artesanía en Borreiros

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Feira de Artesanía en Gondomar.

A Comisión de Festas da Virxe da Luz e San Martiño de Borreiros organiza este sábado 28 de xullo un mercado de artesanía. Desde as 12:00 do mediodía permanecerán instalados no campo da festa da Xunqueira postos con produtos feitos a man. Tamén haberá o xogo da chave con premio para o gañador e deliciosos chourizos á brasa e choripán.