Anuncios
Ticker de novas

Festas na honra da Nosa Señora do Libramento en Morgadáns

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión da Nosa Señora do Libramento en Morgadáns.

A parroquia gondomareña de Morgadáns celebra este fin de semana as festas na honra da Nosa Señora do Libramento. O sábado 28 de xullo o grupo flamenco Patinamá ofrecerá un concerto ás 23:30 horas. O domingo 29 ás 9:00 da mañá celebrarase unha Misa na Igrexa Parroquial e ás 10:15 e 10:45 na Capela, onde comezará a Misa Solemne ás 13:00 horas seguida de procesión acompañada pola Banda de Música de Mougás, que amenizará a verbena nocturna a partir das 21:00 horas xunto coa orquestra Oca Band.

Anuncios