Concerto da Agrupación Musical da Limia en Baiona

Os Xardíns da Casa da Navegación de Baiona acollerán este venres 27 de xullo ás 21:30 horas un concerto da Agrupación Musical da Limia, dentro do programa cultural e de lecer Baiverán 2018 organizado pola Concellería de Cultura. A Agrupación Musical da Limia nace a mediados do mes de outubro do ano 2005 para dar cabida ás inquietudes dos membros da Banda de Música Municipal de Xinzo de Limia. Esta formación musical contaba nos seus inicios con membros activos da Banda Municipal de Música de Xinzo, da Banda de Gaitas e do Conservatorio Municipal de Xinzo de Limia e tamén con persoas que se dedican de maneira afeccionada ó mundo da música.