Comezan os “Venres de Son” en Gondomar con Two in the mirror e The Riggos

Este venres 27 de xullo comezan os “Venres de Son”, incluídos no programa “Cultura de Verán” organizado pola Concellería de Cultura de Gondomar. O dúo Two in the mirror, formado por Noelia Álvarez (voz) e Paco Dicenta (baixo eléctrico, loops), actuará ás 23:00 horas no Matadoiro, onde os asistentes poderán gozar das súas versións de pop, soul, jazz e funk. Ás 00:30 será a quenda de The Riggos, que ofrecerá un concerto no Parque da Coelleira. O grupo local de punk-rock e rock formado por Bruno Costas (guitarra e voz), Yago Ray Costas (batería), Arturo Peixoto (baixo) e Denis Carballás (guitarra e voz), que empezou interpretando versións, conta na actualidade cun amplo repertorio de cancións propias.

Anuncios