“Sabarís con humor” con Lois Pérez

Este xoves día 26 de xullo continúa a programación do Baiverán 2018 coa actuación de Lois Pérez na Praza Victoria Cadaval de Sabarís a partir das 21:30 horas. Lois Pérez é contrabandista de historias e narrador oral, humorista, cronista de rock and roll, poeta e dramaturgo. Comezou a contar subido a unha caixa de cervexa e actuou en escolas de idiomas, institutos, universidades, presentacións de novelas, teatros, bares, cárceres, museos, feiras do libro e demais antros de perdición e desenfreo. No seu contar conflúen a tradición oral, o humor, a gargallada, os sucedidos que escoitou, a narración, o rock, a alta literatura, as baixas paixóns e, se ten o día, mesmo poesía.

Anuncios