Inscricións abertas para a XI Baixada de Carros de Bólas de Camos

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Baixada de Carros de Bólas en Camos.

O Concello de Nigrán e a Asociación Eixotolo organizan o próximo 15 de agosto a XI Baixada de Carros de Bólas na parroquia de Camos, evento para o cal están abertas as inscricións a través do teléfono 648 023 014, enviando un WhatsApp antes do día 12. É obrigatorio o uso de casco, codeiras, rodilleiras e contar con sistema de freado. É tamén requisito indispensable que as rodas sexan rodamentos de aceiro. Os interesados poden obter máis información no teléfono 696 105 356.

A tradicional baixada de carros de bólas na parroquia de Camos foi recuperada fai tres anos polo Centro Cultural A Camoesa, o Concello de Nigrán e Eixotolo tras máis dunha década sen celebrarse. Nesta ocasión o evento deportivo terá lugar desde as 15:30 horas e o número de mangas dependerá de cantos carros participen, pero mínimo serán dúas baixadas cronometradas, puntuando sempre o mellor tempo realizado. Pola mañá, de 9:00 a 10:30, serán as verificacións, e de 11:00 a 13:00, os adestramentos.

Este ano, ao finalizar celebrarase o festival Eixorock, cos grupos invitados Dúo Dado, Bakintaun Thin Lizzy Tribute e Stoned At Pompeii. O 14 de agosto haberá ademais callos e os dous días mercado artesán.

Anuncios