O Club de Tenis Nigrán organiza o “XXXIV Torneo Intersport”

O Club de Tenis Nigrán organiza desde o 30 de xullo ata o 5 de agosto nas instalacións municipais Dunas de Gaifar o “XXXIV Torneo de Tenis Intersport Concello de Nigrán”. A inscrición, cun prezo de 10 euros para a categoría de menores e de 12 para a de adultos, está aberta no portal www.ibertenis.com ata o mércores día 25 e espérase superar o centenar de participantes.

Trátase do torneo de tenis con máis historia da localidade e conta con numerosas categorías, dando cabida a todos os practicantes de tenis sexa cal for o seu nivel ou idade. Unha das grandes vantaxes deste torneo é a inclusión de categorías federadas e non federadas, deste xeito o evento amplía a oferta turística da localidade acollendo á multitude de turistas que gozan de días de praia.

Máis información en info@ctnigran.com ou no teléfono 626 448 191.

Anuncios