Sin categoría

Falece un veraneante dun infarto mentres paseaba por Praia América

Un home faleceu tras sufrir un infarto mentres paseaba por Praia América, en Nigrán. Sucedeu ao fío das 17:15 horas, momento en que os voluntarios de Protección Civil do Val Miñor alertaban ao 112 Galicia de que estaban intentando reanimar ao varón, que desplomouse na beira tras o paro cardíaco. Sinalaban no seu relato que un socorrista fora quen sacara da auga ao home, de 72 anos e do País Vasco, que pasaba uns días no municipio coa súa muller. De inmediato, dende o CIAE 112 Galicia alertouse dos feitos ao 061-Urxencias Sanitarias, a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia. Xa no areal, o servizo sanitario nada puido facer por salvarlle a vida ao home.