Anuncios
Ticker de novas

Festas na honra de Santa Cristina en Sabarís

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión de Santa Cristina.

A parroquia baionesa de Santa Cristina da Ramallosa celebra os días 23, 24 e 25 de xullo as festas na honra da súa patroa.

O luns 23 ás 10:00 da mañá unha salva de bombas anunciará o inicio das festas. A continuación tres grupos de gaitas percorrerán a parroquia. Ás 20:00 horas celebrarase a Misa Solemne na honra de Santa Cristina cantada pola Coral Polifónica Baiona A Real. A continuación sairá a procesión desde a Igrexa ata a Praza Victoria Cadaval, acompañada pola Banda de Música de Baiona. A partir das 22:00 horas, as orquestras Panamá e Ritmo Noche amenizarán a verbena.

O martes 24 ás 12:00 do mediodía comezará unhaMisa Solemne na honra de Santa Cristina cantada pola Coral San Lourenzo de Belesar, seguida de procesión acompañada pola Banda de Música de Redondela, que ofrecerá un concerto ás 18:00 horas. Pola noite, a partir das 22:00 horas, a verbena estará a cargo das orquestras Alkar e Cosmos.

O mércores 25 ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa Solemne cantada pola Coral Novos Aires de Nigrán.

Anuncios