O Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor, coa colaboración do Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra, organiza a VIII Semana Cultural, que se celebrará entre os días 22 e 24 de xullo. A programación comezará todos os días ás 20:30 horas.
Domingo 22 de xullo
– Grupo Audiovisuais Breogán Valle Miñor.
– Danza Moderna da Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios.
Luns 23 de xullo
– Tambaluca.
– Grupo de Gaitas e Percusión Breogán Valle Miñor.
Martes 24 de xullo
– Grupo de Danza Studio 88 e os alumnos do CCR de Parada de baile moderno e zumba.
– Orballo.

