O Parque Ponte de Rosas de Gondomar convértese nunha sala de cine ao aire libre

O Concello de Gondomar ofrecerá nos meses de xullo e agosto un total de cinco películas dentro do ciclo “Cinema na rúa”, incluído no programa “Cultura de Verán”. No Parque Ponte de Rosas proxectaranse os títulos “Rogue One: Una historia de Star Wars” (22 de xullo), “La, la, land” (25 de xullo), “Ballerina” (29 de xullo), “Vaiana” (19 de agosto) e “¡Canta!” (25 de agosto). O obxectivo da Concellería de Cultura, que conta coa colaboración do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, é fomentar a convivencia familiar na noites de verán gozando de proxeccións para todos os públicos ao aire libre, promocionar o cinema como arte e lecer e favorecer as alternativas de lecer dentro do centro urbano nos distintos emprazamentos. As sesións comezarán ás 22:30 en xullo e ás 22:00 horas no mes de agosto.