Expertos aconsellan humanizar o sistema sanitario para mellorar a atención do paciente de cancro

Alumnos e algúns relatores do curso de oncoloxía integrativa.

A trintena de expertos sociosanitarios que participaron no IV Curso de oncoloxía integrativa celebrado esta semana en Talaso Atlántico insistiu nas conclusións finais na necesidade de lograr a humanización do sistema sanitario para lograr unha atención real centrada na persoa enferma de cancro. Como inconveniente para alcanzar este obxectivo, os asistentes ao curso -oncólogos, catedráticos en saúde públicas, profesionais de enfermería, nutricionistas, sociólogos, psicólogos, especialistas en exercicio físico, farmacéuticos, fisioterapeutas, nutricionistas, etc.- referíronse á sobrecarga do sistema asistencial que fai difícil a humanización do traballo do profesional. A pesar diso, entre as conclusións do curso cabe sinalar que xa existen algúns exemplos de equipos de profesionais que teñen a esta oncoloxía integrativa como o seu método de tratar ao enfermo oncolóxico, sobre todo nos casos de pacientes fráxiles.

O curso de verán, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela e o centro de talasoterapia de Oia, ten por obxectivo ir creando unha rede de profesionais presentes e futuros que contribúan a lograr esta oncoloxía integrativa que é aquela que promove unha atención integral centrada na persoa afectada.

O curso, ademais, naceu fai catro anos co propósito de tratar un tema de interese para a poboación en xeral. Segundo o informe anual editado pola Sociedade Española de Oncoloxía Médica, en 2017, os novos casos estimados de cancro en España foron 228.482 e para 2035 estímase que crecerá ata 315.413 novos casos. Os tumores máis diagnosticados seguen sendo colorrectal, próstata, pulmón, mama, vexiga e estómago.