Sin categoría

Unha unidade móbil de doazón de sangue estará este venres e sábado en Gondomar

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visita este venres 20 e sábado 21 de xullo o municipio de Gondomar. Estará na estación de autobuses, onde todo aquel que desexe doar sangue poderá facelo o venres de 16:00 a 21:00 e o sábado de 10:00 a 15:00 horas. Se é a primeira vez que se doa hai que levar consigo o DNI.