A Comisión de Festas Santa Mariña de Vincios organiza unha gran laconada

A Comisión de Festas Santa Mariña de Vincios 2019 organiza o vindeiro sábado 9 de febreiro no Centro Cultural da parroquia unha gran laconada desde as 21:00 horas. O prezo é de 20 euros por persoa e as reservas poden realizarse ata o 7 de febreiro nos teléfonos 690 383 212 (Solita) ou 618 066 991 (Laura). Haberá sorteos entre os comensais e animación a cargo de DJ Kani.