Os membros de “La Manada” declarados persoas non gratas en Baiona

Unanimidade de toda a Corporación de Baiona na declaración de persoas non gratas aos delincuentes sexuais de “La Manada”, moción presentada polo BNG e na que tamén se pedía que se lle dera traslado do acordo aos seus representantes legais, mais que desde o Goberno Municipal solicitaron retirar por non coñecer a quen enviarllo. Iago Pereira, Portavoz Municipal do BNG comprometeuse a facilitar esa información á maior brevidade posible, mais conveu co Alcalde de Baiona que a declaración é meramente formal, “para que conste publicamente o repudio de toda Baiona a unhas persoas que polos seus actos non son benvidos á nosa vila”, sinalan os nacionalistas.

Anuncios