Anuncios
Ticker de novas

Continúa o ciclo “Baiona con humor” con Mariano Mariano

Este venres 20 de xullo continúa o ciclo “Baiona con humor”, incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2018 organizada pola Concellería de Cultura, coa actuación de Mariano Mariano. O monólogo comezará ás 23:00 horas na Praza do Concello de Baiona.

Mariano Mariano séntese como peixe na auga tanto nun estudio de televisión, como nun escenario, como diante dun micrófono. Humorista, monologuista, músico, escritor, comunicador, conferenciante, Sanitario de Honra do Exército Español, Conselleiro de Número do Real Instituto Alfonso XIII, Adestrador de Fútbol, Embaixador de Honra de Famma COCEMFE, Apoderado da asociación Española de transplantados, actor ou presentador son só algúns dos traballos que lle acreditan e cos que conseguiu o recoñecemento do público.

Anuncios