Poesía, música e danza mestúranse en “Ondas do Mar Amigo”, este xoves en Baiona

A Aula de Teatro de Baiona, coa colaboración de A Seneira e a Escola de Danza Vila de Baiona, presenta este xoves 19 de xullo «Ondas do Mar Amigo», un traballo sobre as cantigas de Martín Codax onde a música, a palabra, a danza e o corpo mestúranse. O espectáculo, con música de Ramón Pazos, coreografía de Eduardo Alvés e dramaturxia e dirección de Mónica Sueiro, comezará ás 22:00 horas nos Xardíns da Casa da Navegación de Baiona.