Porta urxe maior prevención das enfermidades que xera a contaminación ambiental

O Hotel Talaso Atlántico acolle desde ayer lunes o IV Curso de verán sobre oncoloxía integrativa da Universidade de Santiago de Compostela, organizado en colaboración co centro de talasoterapia de Oia. Na súa primeira xornada, Miquel Porta, referente mundial en tóxicos ambientais e a súa relación coas enfermidades; urxiu unha maior prevención destas actuando sobre a contaminación que as xera. Indicou que a sanidade pública e privada debe esforzarse neste obxectivo, non só polo impacto social que xeran estes tóxicos sobre a saúde senón tamén como medida para controlar os custos que supón ao sistema, o tratamento destas enfermidades. Pesticidas, plásticos (BPA) e retardantes da chama son, segundo Porta, contaminantes cuxo uso debe reducirse e que están presentes en moitos dos produtos que a poboación consome e utiliza habitualmente. Puxo como exemplo destas medidas de prevención o logro que alcanzaron os pediatras americanos cando convenceron ás petroleiras de que tiñan que eliminar o chumbo dos seus combustibles polo impacto que este tóxico causaba na saúde da poboación.

O curso de verán da USC e Talaso Atlántico foi inaugurado ayer por Victor Arce, vicerreitor de Estudantes e Internalización da USC, a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro; así como os directores do curso Lourdes Vázquez e Salvador Ramos.

Oncofraxilidade na xornada deste martes

Na segunda xornada, que terá lugar este martes intervirá Francisco Barón Duarte, oncólogo do Complexo Hospitalario da Coruña (CHUAC) que explicará un programa pioneiro posto en marcha polo seu servizo e dirixido a pacientes oncolóxicos “fráxiles”, un servizo que apoia e acompaña no proceso aos pacientes. A súa intervención está prevista que comece ás 10.00 horas.

Bioética e Oncoloxía é o tema que abordará Elena Brozos Vázquez, Oncóloga do Complexo Hospitalario de Santiago (CHUS), que fará unha reflexión sobre as aprendizaxes e retos cos que se enfronte no día a día do seu traballo.

Fernando Gil Vila, catedrático de Socioloxía e autor do libro Estar ben. Unha reflexión desde a Socioloxía, será outro dos especialistas que protagonizarán esta xornada. O seu relatorio analizará o cancro, máis aló do problema de saúde que supón. A súa intervención está prevista para as 11.20 horas.

Durante a tarde, Matilde Mora, doutora en Ciencias do Exercicio Físico e o Deporte da Universidade de Sevilla introducirá, nun obradoiro, os beneficios da marcha nórdica; e Elena Villacieros, fisioterapeuta do Talaso Atlántico, impartirá outro sobre hidrocinesioterapia en piscina dinámica de auga de mar. Este día haberá unha última mesa redonda a cargo de Clara Senín, oncóloga do Hospital Povisa, e María Jesús Lago, traballadora social do servizo de Paliativos do Meixoeiro, achegásennos unha mirada diferente sobre como afrontar os Coidados Paliativos.

2018-07-16 - Apertura USC oncologia integrativa talaso (2)

Anuncios