A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), fai un chamamento á doazón da cidadanía e, moi especialmente, aos grupos sanguíneos A Positivo e A Negativo. As reservas destes dous grupos presentan niveis baixos, polo que resulta preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que fai a Consellería de Sanidade por medio de ADOS. Cómpre lembrar que os hospitais galegos precisan 500 doazóns diarias para levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial.
A dirección da Axencia convida ás galegas e galegos a continuar amosando neste período vacacional o seu carácter solidario para incrementar o numero de doazóns de sangue durante este mes de xullo, así como no resto do período estival.
Facilitar a participación
ADOS agarda, novamente, contar coa participación dos cidadáns e, para iso, ofrecerá as máximas facilidades para doar, mediante o desprazamento de dez unidades móbiles que efectuarán as seguintes visitas:
| DATA | CONCELLOS |
| Martes 17 de xullo | Praza España (Ferrol), O Burgo (Culleredo), Zona Monelos Castrillón (A Coruña), Praza Roja (Santiago), Freixo e Cruceiro de Roo (Outes), Monforte, Esgos, Montederramo, Beade, Leiro, Conservas Pescamar (Poio), Agolada, Tui e Zona As Travesas (Vigo) |
| Mércores 18 de xullo | Miño, Carral, Fonteculler (Culleredo), Arzúa, Area Central-Fontiñas (Santiago), Padrón, Sarria, Celanova, Tui e Barrio de Teis (Vigo) |
| Xoves 19 de xullo | Paderne, Zara-Loxística (Arteixo), Vilaboa (Culleredo), Arzúa, Area Central-Fontiñas (Santiago), Padrón, Chantada, San Xoan de Rio, Parada do Sil, Entrimo, Lobios e Alcampo-Coia e Zona Travesía de Vigo (Vigo) |
| Venres 20 de xullo | Ortigueira, Zara-Loxística (Arteixo), Zona Gaiteira-Os Castro (A Coruña), Rianxo, Sigüeiro (Oroso), Praza Maior (Lugo), Vilariño de Conso, Melón, Gondomar, Silleda e Rúa Príncipe (Vigo) |
| Sábado 21 de xullo | Ortigueira, Zona Gaiteira-Os Castros (A Coruña), Rianxo, Arnoia e Gondomar |
Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.
| LUGAR | HORARIO |
| AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE (Santiago) | Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas |
| COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña) | Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas |
| HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE
(Ferrol) |
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas |
| HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo) | Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas
Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas |
| COMPLEXO HOSPITALARIO DE OURENSE (Ourense) | Luns a venres das 8.00 ás 15.00 horas |
| HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra) | Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas |
| HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo) | Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados das 8.00 ás 15.00 horas |
Doar: moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,…). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.
Para máis información, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue dispón da páxina web: ados.sergas.es, ás páxinas de ADOS en redes sociais e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828.

