Sin categoría

CaixaBank lanza as tarxetas “Baiona no teu peto” en colaboración co Concello

CaixaBank lanzou, en colaboración co Concello de Baiona, dúas novas tarxetas da súa colección “Galicia no teu peto”. Esta serie, que recolle algún dos principais atractivos e lugares de interese turístico de Galicia, amplía a súa oferta este verán con dous novos modelos con motivos de Baiona: a réplica da carabela Pinta atracada no seu porto e a fortaleza medieval de Monterreal.

Con esta iniciativa, CaixaBank pretende chegar a todos os cidadáns de Baiona e contribuír á súa promoción turística, dado que a tarxeta poderase solicitar en calquera das 4.815 oficinas que integran a rede de CaixaBank en España.

“Baiona no teu peto” foi presentado esta mañá no Concello polo alcalde, Ángel Rodal Almuiña, e polo director de área de CaixaBank en Pontevedra Sur, Igor de las Heras. Este último destacou a satisfacción que supón para CaixaBank colaborar na difusión dalgúns dos principais acenos de identidade de Baiona. “Ambas as dúas tarxetas”, engadiu, “estarán dispoñibles en todas as oficinas da rede de CaixaBank polo que contribuirá sen dúbida a promocionar un dos principais referentes turísticos das Rías Baixas”.

Pola súa banda, o rexedor baionés animou a todas aquelas persoas que queiran ter unha tarxeta coas imaxes de Baiona “a que a solicite” e agradeceu “esta oportunidade que ofrece CaixaBank para promocionar a nosa Vila”. Neste sentido, Rodal sinalou que “é unha boa promoción da localidade por toda España, que axudará a divulgar a imaxe de Baiona sen ningún custo para o Concello”.