Charla de primeiros auxilios e prevención de riscos en praias en Sabarís

A Asociación de Veciños Castro e Ladeira organiza o vindeiro mércores 18 de xullo unha charla de primeiros auxilios e prevención de riscos en praias coa colaboración de Protección Civil Val Miñor. Será ás 21:00 horas no salón de actos do Colexio de Sabarís.