Anuncios
Ticker de novas

Música, danza, cine, food trucks, carrilanas e moito máis… este verán en Gondomar

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR // O alcalde e a concelleira de Cultura coa programación deste verán.

A Concellería de Cultura de Gondomar vén de presentar a programación cultural e de lecer prevista para a tempada estival, que este ano repartirase por numerosos recunchos da vila, como son a Praza de San Bieito, o Parque das Ánimas, o Parque Ponte das Rosas, o Matadoiro, o Parque da Coelleira, o Centro de Saúde, a Praza Rosalía de Castro, a Praza Paradela, o Campo das Cercas, o Parque da Avda. do Tranvía e o Auditorio Lois Tobío. Entre as actividades podemos atopar danza, cine, espectáculos infantís e de variedades, grupos tradicionais ou concertos de diferentes artistas e grupos ou bandas de música, ademais de food trucks, baixada de carrilanas e a recuperación da Festa Histórica Medieval.

O programa comezará este mesmo sábado co concerto de Astarot na Praza de San Bieito, onde tamén actuará Herdeiros da Crus o 28 de xullo e Susana Seivane o 4 de agosto. Todos eles ás 22:30 horas.

O Parque das Ánimas encherase de baile e música cun Festival de Danza o 20 de xullo ás 21:00 horas e os concertos de A banda da Loba (21 de xullo ás 22:30), Mesteño (12 de agosto ás 22:30) e a Banda da Agrupación Musical de Vincios e A cova das letras “A Gata con Zocas” (18 de agosto ás 22:00). No mesmo emprazamento haberá o evento deportivo familiar “Gladiator Kids” (5 de agosto ás 19:00), o espectáculo infantil “A chave dos contos” (11 de agosto ás 22:30) e o espectáculo de variedades de Cristian de Samil “¡Ahora es siempre!” (14 de agosto ás 22:30).

O cine será o protagonista no Parque Ponte das Rosas ás 22:30 horas en xullo e ás 22:00 en agosto, coa proxección de “Rogue One: Una historia de Star Wars” (22 de xullo), “La, la, land” (25 de xullo), “Ballerina” (29 de xullo), “Vaiana” (19 de agosto) e “Canta” (25 de agosto).

Nos “Venres de Son” actuarán Two in the mirror (27 de xullo no Matadoiro ás 23:00), The Riggos (27 de xullo no Parque da Coelleira ás 00:30), Urbano Cabrera (3 de agosto no Centro de Saúde ás 23:00), La Patrulla (3 de agosto na Praza Rosalía de Castro ás 00:30), Rivergood (10 de agosto na Praza Paradela ás 23:00), Dudecan (10 de agosto na Praza Rosalía de Castro ás 00:30), El Charko (17 de agosto no Parque da Avda. do Tranvía ás 23:00) e Aretha Franklin Tribute (17 de agosto na Praza Rosalía de Castro ás 00:30).

O martes 14, mércores 15 e xoves 16 de agosto haberá food trucks no Campo das Cercas, coincidindo coa celebración o mércores da Festa dos 80, cun concerto de “El primer verano sin Mariano” ás 12:00, un guateque infantil ás 18:00 e un guateque para adultos desde ás 22:30, cun concerto de Merchy Treviño Band e DJ I. Marciano. O xoves ás 12:00 actuará 21 gramos.

O xoves 16 de agosto o Parque da Coelleira acollerá unha festa de inchables e unha festa da escuma ás 17:00 horas; o domingo 19 celebrarase a Baixada de Carrilanas Concello de Gondomar; o 24, 25 e 26 recuperarase a Festa Histórica Medieval; e para despedir o verán, o gran tobogán acuático regresará á Vila Condal, instalado fronte o Auditorio Lois Tobío.

PROGRAMA CULTURA DE VERÁN GONDOMAR

Anuncios