Anuncios
Ticker de novas

Festividade da Virxe do Carme e de Santa Mariña en Vincios

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión de Santa Mariña en Vincios.

A parroquia gondomareña de Vincios celebra os próximos días a festividade da Virxe do Carme e a de Santa Mariña. O sábado 14 de xullo ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa Solemne na Igrexa de Santa Mariña na honra da Virxe do Carme, con posterior procesión ata a Capela de Santa Lucía acompañada polo grupo de gaitas Aires de Santes do Centro Cultural de Vincios.

O domingo 15 comezará co tradicional pasarrúas da Banda de Música da Agrupación Musical de Vincios. Ás 12:00 do mediodía terá lugar a Misa Solemne na honra de Santa Mariña seguida de procesión acompañada pola mesma Banda de Música, que ofrecerá ademais ao rematar un concerto.

O martes 17 ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa Solemne polos defuntos da parroquia, e o mércores 18, tamén ás 12:00, unha nova Misa Solemne a Santa Mariña con posterior procesión acompañada polo grupo de gaitas Aires de Santes.

Anuncios