Anuncios
Ticker de novas

O PP de Nigrán organiza este venres unha reunión con afiliados e simpatizantes

O PP de Nigrán manterá un encontro cos seus afiliados e simpatizantes este venres, ás 21:00 horas na sede local do partido. A presidenta local, María José Pino, tratará varios temas de índole municipal, entre os que se inclúe a proposta que a executiva local do PP trasladou de xeito unánime á dirección provincial para que Carlos Abal Valverde sexa o candidato ás próximas eleccións municipais.

María José Pino reitera o seu “apoio absoluto” a Carlos Abal, entende que “é o mellor candidato que o PP pode presentar para recuperar a alcaldía o próximo ano”. Nesta liña, sinala que “estamos todos no mesmo equipo, ten o meu respaldo absoluto como presidenta local e de todos os membros da executiva, que decidimos de forma unánime que el era a persoa idónea para encabezar a candidatura”. Con todo, haberá que esperar ata setembro para que o PP de Pontevedra comece a facer as presentacións dos candidatos.

Ademais, no encontro tamén se analizará a situación de Nigrán, para tomar nota dos problemas e das preocupacións dos veciños sobre a xestión do goberno local. “O goberno socialista é un fracaso, tanto a súa xestión como a súa forma de facer política. Hai unha situación insostible de parálise e de abandono neste concello que están sufrindo todos os veciños de Nigrán”, denuncia María José Pino.

Anuncios