Anuncios
Ticker de novas

Iser Ramos inicia o ciclo “Baiona con humor”

Iser Ramos.

Este xoves 12 de xullo arranca o ciclo “Baiona con humor”, incluído no programa cultural e de lecer Baiverán 2018. O primeiro dos monologuistas que pasará polo escenario da Praza do Concello, ás 23:00 horas, será Iser Ramos. A comedia, os monólogos, o humor e a maxia interactiva van da man deste cubano. A súa simpatía e o ritmo en cada espectáculo lle dá un selo diferente.

Iser Ramos é un polifacético artista que combina o exercicio da maxia co do humor. A interacción e conexión co público é unha nota común no seu espectáculo. Para Ramos, o espectador non é un mero suxeito pasivo senón unha parte relevante de todas as súas propostas. E así quedou sempre evidenciado en todos os espectáculos que foi presentando en escenarios de toda España.

Anuncios