Festas na honra da Virxe do Carme en Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión da Virxe do Carme en Baiona.

Este venres 13 de xullo arrancan en Baiona as festas na honra da Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros, coa verbena amenizada polas orquestras Anaconda e La Dimensión.

O sábado 14 ás 10:30 horas a charanga Vaite Xa ofrecerá un pasarrúas, e pola noite, a orquestra Saudade e o grupo Fama serán os encargados da amenizar a verbena. Ás 00:00 horas, terá lugar a gran tirada de lumes de lucería.

O domingo 15 ás 11:00 da mañá haberá uns novo pasarrúas, a cargo da charanga Vai de Baile, acompañada polos Xigantes e Cabeuzos. Ás 18:00 horas sairá desde a Capela da Misericordia a Virxe do Carme para unha ofrenda floral marítima, e pola noite, a orquestra Graffiti amenizará a verbena.

O luns 16 ás 20:00 horas celebrarase a Misa Solemne na Ex Colexiata de SantaMaría cantada polo Coro de Homes “Voces Baionesas”. A continuación sairá a procesión acompañada pola Banda de Música de Baiona e antes de recollerse, bailarase a Danza das Espadas en Santa Liberata. Pola noite, a orquestra Capitol amenizará a verbena fin de festa.