Gondomar honra este mércores ao seu patrón San Bieito

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión de San Bieito en Gondomar.

Gondomar dedica a xornada do mércores 11 de xullo a San Bieito, patrón do municipio. Ás 11:00 da mañá a Agrupación Musical de Belesar ofrecerá un pasarrúas, e ás 13:00 horas, un concerto. Neste día haberá Misas de mañá cada hora desde as 7:00 ata as 13:00 horas, sendo a Solemne ás 12:00 horas, con posterior procesión. Pola tarde, as Misas serán cada hora desde as 17:30 ata as 21:30 horas. Pola noite, ás 23:00 horas, a verbena estará amenizada pola orquestra Trébol.

O xoves 12, na honra de San Antonio, celebraranse as Poxas ás 18:00 horas, a cargo de Carlos Riveiro. Á mesma hora haberá un pasarrúas a cargo do grupo de gaitas “Novos Aires” de Couso, e ás 20:30 horas comezará a Misa Solemne seguida de procesión. A verbena, que arrancará ás 23:00 horas, correrá a cargo da orquestra Israel.

O 15 de xullo ás 20:30 horas terá lugar a Misa da Gratitude e ofrenda de flores á Virxe do Carme, seguida de procesión.