Sin categoría

Máis de 70 padeeiros participaron na VII Travesía Paddlesurf de Baiona

O domingo a Praia da Ladeira foi o escenario da VII Travesía Paddlesurf. Máis de 70 padeeiros participaron na proba organizada por Waira, Prado Surf Escola, Wetsports Ladeira e o Concello de Baiona.

Paulo Miguel Caldeira Lopes repetiu a súa vitoria de 2016, completando o percorrido de 5,5 quilómetros en 41:01. Jose Casás García (43:58) ocupou a segunda praza e Luis Antonio Cabral Brito (45:00) foi terceiro.

Na categoría feminina, a primeira en chegar á praia baionesa foi Marta Abruñedo Salaberri (44:10), por diante de Elena Alfaya Pereira (50:24) e Lourdes Álvarez Otero (65:00), segunda e terceira respectivamente.

En categoría sub 16, o gañador foi Eneko Alonso Vázquez (56:47). Rafael Fernández (78:15) foi segundo e Beatriz Casanova Morim (84:07) terceira.

Ademais, todo aquel que quixo puido gozar de bautismos gratuítos de pádel surf na Praia da Ladeira. Foron moitos os interesados en participar nesta cerimonia.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.