Baiona ofrece o espectáculo “Saaabor!”, con maxia, música e humor

O Concello de Baiona ofrecerá este martes 10 de xullo o espectáculo “Saaabor!” dentro da programación do Baiverán 2018. Trátase dunha proposta para todos os públicos con Félix Rodríguez e Fran Rei, de creación propia e dirixida por Avelino González, que comezará ás 23:00 horas na Praza do Concello.

“Saaabor!” é un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Os nosos protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen pratos para todos os gustos: desde a comida máis práctica e sinxela, ata a máis elaborada, sen esquecer viño e sobremesa, elaborando un saboroso menú para toda a familia.

Anuncios