Sin categoría

Gondomar necesita voluntarios para a repartición de alimentos

Desde o Concello de Gondomar piden voluntarios para a repartición de alimentos os primeiros martes de cada mes de 9:00 a 12:00 horas. Segundo indica o alcalde, Paco Ferreira, “este martes toca” e todos os voluntarios que había (excepto un), abandonan “por ser do Partido Político Manifesto Miñor, e por ser expulsados do goberno municipal a concelleira de Benestar Social e os dous concelleiros que formaban o seu grupo. Como alcalde aproveito a ocasión para agradecerlles os servizos prestados e de traballar polo ben común e por Gondomar de maneira partidista, e non polas súas xentes”, conclúe Ferreira. Os interesados en ser voluntarios poden contactar no teléfono 608 04 89 78 ou no correo electrónico alcaldia@concellodegondomar.com.