Marcos Vila e Elisa Pichel gañan a IX Travesía a Nado Vila de Baiona

A praia da Ribeira acolleu este sábado a celebración da IX Travesía a Nado Vila de Baiona, que contou cun total de 200 inscritos repartidos nas categorías Sub-12, que deberon completar 100 metros, Sub-16, cun percorrido de 600 metros, e Adultos e Veteranos, que completaron 1.900 metros a nado entre as Praias da Barbeira e A Ribeira.

Por terceiro ano consecutivo, Marcos Vila Cid foi o primeiro en cruzar a liña de meta cun tempo de 23:53. Elisa Pichel García de Searez completou o percorrido en 27:17, converténdose na campioa feminina. Os primeiros baioneses en chegar á meta foron Marcos Domínguez Aguiar, por segundo ano, cun tempo de 25:48, e Sandra Santodomingo Fabián, que completou os 1.900 metros en 40:37. Por equipos, o vencedor foi o Peixiños do Val Miñor.

En Sub-12, o vencedor foi Teo Alonso Vidal. Adrián Méndez-Benegassi Fernández e Álvaro Mezquita Lobato foron segundo e terceiro respectivamente. Esther Martínez Morán foi a primeira en cruzar a meta, seguida de Teresa Ponte Curiel en segunda posición e María Camba Vázquez pechando o podio.

En Sub-16, Juan Carlos Mezquita Lobato foi o primeiro en completar os 600 metros. Gabriel Figueroa Fernández foi segundo e Javier Puente Curiel terceiro. Ángela Cobelo Represas volveu ser a campioa na categoría feminina, mentres que Sara Iglesias Gómez repetiu no segundo posto. Iria Amoedo Fernández ocupou o terceiro caixón do podio.

A Travesía a Nado de Baiona está organizada pola Concellería de Actividades Marítimas coa colaboración da Piscina Mancomunada do Val Miñor.

CLASIFICACIÓN XERAL_ABSOLUTA

CLASIFICACIÓN XERAL_ABSOLUTA_BAIONA

CLASIFICACIÓN XERAL_ABSOLUTA POR_CATEGORÍAS

CLASIFICACIÓN XERAL ABSOLUTA POR SEXOS

CLASIFICACIÓN XERAL SUB-12

CLASIFICACIÓN XERAL SUB-16

Anuncios