Let’s Adopt pide axuda para operar de urxencia a Olaf, o gato queimado vivo en Baiona

Olaf, o gato que apareceu queimado vivo en Baiona a finais do mes de febreiro e que se recupera no Hospital Veterinario Valencia Sur, terá que ser operado de urxencia nos próximos días. Let’s Adopt, que se fixo cargo del desde a súa chegada a Valencia, pide axuda para facer fronte aos custos da cirurxía.

“Olaf é un dos casos de abuso máis crueis que xamais se viron en España. Olaf chegou a nós fai catro meses, queimáranlle vivo. Tiña queimaduras de terceiro grao no 70% do seu corpo. Foron catro meses de tratamentos diarios e durante este tempo realizáronse varias cirurxías”, lembran desde o colectivo.

Desde Let’s Adopt destacan ademais que “a súa recuperación foi espectacular”, pero todo ía ben ata agora. “Desde hai semanas estamos a tentar pechar a última porción de cranio que queda exposta, pero todos os nosos intentos fracasaron. Hoxe descubrimos a razón. Olaf ten o cranio ao descuberto, o cerebro non está exposto pero habemos de asegurarnos de que non hai infección no óso”.

Segundo sinalan desde o grupo de rescate animal, Olaf ha de ser operado urxentemente, o luns como moi tarde. “Hai que substituír o óso perdido cunha malla de titanio, é complicado e custoso”. Todo aquel que desexe colaborar pode facelo a través da seguinte ligazón.

OLAF

Anuncios