O baionés Rubén Rodríguez Alonso, de Queimada Gastrobar, proclamouse este xoves campión do Certame Clasificatorio Galicia Sur do VI Campionato Nacional de Tiraxe de Cervexa Estrella Galicia. O Servizo Perfecto, celebrado no escenario ARVI-Julio Verne situado dentro do Vigo Sea Fest, nos Xardíns de Elduayen. Outro baionés, Alejandro Castro Martínez, de Bocatería Manduca, proclamouse subcampión.
A competición contou coa participación dun total de 18 hostaleiros profesionais representando aos seus respectivos establecementos situados nas provincias de Pontevedra e Ourense. Rubén e Alejandro, como primeiro e segundo finalistas, recibiron un premio de 300 e 200 euros respectivamente, ademais de senllos diplomas que acreditan a súa participación e o seu peso en cervexa de Hijos de Rivera SAU.
Como campión e subcampión, xunto co terceiro, cuarto e quinto finalistas, gañaron tamén a súa clasificación directa como participantes na Gran Final do Certame Galicia, no que se medirán aos cinco finalistas do Certame Clasificatorio Galicia Norte, que celebrarase no Fórum Gastronómico da Coruña.

