Tradicional sardiñada en Montecastelo

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A Comisión de Festas Santiago e Santa Ana de Parada organiza este domingo 8 de xullo a súa tradicional sardiñada en Montecastelo. Desde as 10:30 da mañá poderanse degustar sardiñas con pan de millo, churrasco, callos, empanada e viño. O evento contará ademais coa actuación da charanga Vaite Xa.

Anuncios