Sin categoría

A Comunidade de Montes de Camos convoca Asemblea Xeral Extraordinaria

A Comunidade de Montes de Camos convoca este domingo 8 de xullo unha Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrará na Casa da Cultura de Camos, ás 10:00 horas en primeira convocatoria por imperativo legal, e ás doce 12:00 en segunda convocatoria, para tratar os seguintes puntos do Orde do Día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
  2. Inicio do procedemento aprobado para depurar o censo de comuneiros.
  3. Información do estado das cortas e xestións contables efectuadas.
  4. Revogación do acordo de cesión de 3 ha, aprobado o 23 de maio de 2004.
  5. Toma de contacto con propietarios de parcelas situadas no inicio da contorna do parque forestal “Matos-Río Táboas”, para a aprobación, de permutas ou compras, se proceda, nunha vindeira asemblea.
  6. Aprobación se procede, de obras de mellora na CC e da compra dunha desbrozadora e dun proxector para as asembleas.
  7. Exposición, e aprobación se procede, da proposta achegada dende TelecomIbérica para o emprazamento de Orange.
  8. Rogos, preguntas e outras consideracións.

Tres días antes da Asemblea, estará a disposición dos interesados toda a documentación relativa á orde do día na sede social da Comunidade.