Nova data para a Festa da Música Tradicional en Gondomar

O Concello de Gondomar vén de anunciar a nova data da Festa da Música Tradicional, organizada pola Concellería de Cultura e o Conservatorio Municipal de Música, prevista para o pasado 26 de xuño e aprazada polo mal tempo. Será o próximo venres 13 de xullo ás 20:30 horas no Parque das Ánimas coa participación dos grupos Os Terribles de Donas, Tradisón e Cantares do Brión. En caso de mal tempo, trasladarase ao Auditorio Lois Tobío.