Nigrán ofrece unha excursión ao parque acuático Amarante o 14 de xullo

O Concello de Nigrán ofrece o sábado 14 de xullo unha excursión ao parque acuático Amarante (Portugal). Os interesados teñen de prazo ata o 10 de xullo para inscribirse na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán (de 9:00 a 14:00 horas) abonando nese momento 15 € por adulto e 7 € por neno, sendo gratis os menores de 4 anos. As inscricións pecharanse ao acadar os 100 participantes e terán prioridade os empadroados en Nigrán. O prezo inclúe viaxe en autobús e entrada no aquapark (non está incluído o xantar, no recinto hai zona de picnic e restaurantes). A saída é ás 9:00 dende o Concello e a chegada está prevista ás 21:30 horas aproximadamente. O parque, situado a 60 km de Porto e con marabillosas vistas ao río Tamega, conta con tres impresionantes tobogáns, varias piscinas de diferente tipo, caracois, pistas rápidas, zona de solarium… A diversión está garantida para toda a familia.

Anuncios