Sin categoría

Andrea Pais, subcampioa galega absoluta en pista ao aire libre

As pistas da Universidade da Coruña acolleron este fin de semana o Campionato de Galicia Absoluto, no que a climatoloxía converteríase na protagonista, cunha intensa tromba de auga que afectaría á competición ata o punto de ter que parar por case unha hora o seu desenvolvemento e de ter que cancelar boa parte dos concursos da segunda xornada. A baionesa Andrea Pais Rodríguez proclamouse subcampioa en 200 metros no LI Campionato de Galicia Absoluto Feminino en Pista ao Aire Libre, cunha marca de 25.60 e 887 puntos. A deportista do Atletismo Feminino Celta estivo acompañada no podio por Nerea Iglesias Barbazán, do Atletismo Fontes do Sar (25.41 e 904 puntos), e Xiana González Estévez, da SG Pontevedra (25.62 e 886 puntos), en primeira e terceira posición respectivamente.

ANDREA PAIS, SUBCAMPIOA GALEGA ABSOLUTA EN PISTA AO AIRE LIBRE
FOTO: A. JUNCAL-CELTA ATLETISMO // Andrea Pais, no centro da imaxe.