Sin categoría

A gondomareña Lara Alonso, Ouro na Dance World Cup coa escola Media Punta

A gondomareña Lara Alonso Figueroa volve da Copa do Mundo de Baile (Dance World Cup) cunha medalla de Ouro. A coreografía “Chronos”, na que participaba xunto con outros compañeiros da escola de danza Media Punta de Vigo, alcanzou o primeiro posto na categoría Sénior Small Groups Hip Hop. Tamén conseguiu unha medalla de Prata coa coreografía «Galicia» en Sénior Large Groups Hip Hop. A Dance World Cup 2018 tivo lugar en Sitges do 22 de xuño ao 1 de xullo no auditorio do Hotel Meliá. Trátase dunha competición internacional de danza na que participan máis de 12.000 nenos en todo o mundo de 4 a 25 anos.